A Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade ten competencias sobre os asuntos relacionados co desenvolvemento da actividade docente na Universidade de Vigo. No ámbito do alumnado ten o seu cargo dende as tarefas de difusión da oferta educativa e a captación e acceso de estudantes, ata a xestión das distintas bolsas de estudo, os procesos referidos ao rendemento académico e os programas para a súa formación integral.
Tamén se ocupa do seguimento das titulacións e do desenvolvemento dos distintos programas de avaliación e calidade da actividade docente. En relación ao profesorado esta vicerreitoría ten responsabilidade nos programas de formación inicial e continua do profesorado.
Dentro da oferta educativa da Universidade de Vigo, recae nesta vicerreitoría a responsabilidade dos títulos propios de posgrao: Máster e Especialista Universitario, e a dos Cursos de Formación e Cursos Complementarios.